O universo.
O
universo está constituído polo conxunto de astros que existe no
espazo. Este xurdiu hai uns 15 ou 20 millóns de anos, debido a unha
explosión do conxunto de masa na que se concentraba toda a materia e
enerxía existentes. Esta explosión coñecese co nome de Teoría do
Big Bang. Esta provocou a expulsión e a expansión de
fragmentos incandescentes da materia existente en forma de po e
gases. Co paso do tempo este material foi volvendo a unirse, formando
as estrelas, as nebulosas e as galaxias.
Os
corpos celestes máis coñecidos son:
- As nebulosas son masas irregulares de gases e po estelar.
- A galaxias son agrupación de millóns de estrelas, planetas, satélites, cometas e po estelar.
- As estrelas teñen enerxía, luz e calor propias, e agrúpanse no universo formando galaxias, que son consideradas acumulacións de estrela, que se manteñen unidas pola acción da gravidade.
A
Situación do Sol dentro da Galaxia ou Vía Láctea.
|
No
universo crese que existen uns 100000 millóns de galaxias, e cada
unha eta formada por billóns de estrelas. Isto explica que as
dimensións das galaxias son enormes, por exemplo a Vía Láctea, que
é a galaxia onde se atopa a Terra, ten un raio estimado de 50000
anos luz. As consecuencias do Big Bang aínda son visibles no noso
tempo, vendo como o universo segue expandíndose, e as galaxias e as
estrelas seguen desprazándose polo espazo e afastándose unhas das
outras.
O Sistema Solar.
¿Que
é un sistema solar? Pois o sistema solar defínese por un conxunto
de planetas ou corpos celestes que orbitan en torno a unha estrela.
Dentro dos sistemas solares podemos atopar planetas, satélites,
cometas, asteroides, etc.
No
caso do noso Sistema Solar, e con iso refírome o sistema solar onde
esta o planeta Terra, temos que existen toda unha serie de planetas,
planetoides, asteroides e cometas que realizan unha órbita ó redor
do Sol, a nosa estrela. Este foi formado hai uns 5000 millóns de
anos, e está formado por unha estrela de tamaño medio (o Sol), oito
planetas, sesenta e un satélites e planetoides.
O
sol, e a maioría das estrelas, posúe unha estrutura gasosa e na súa
superficie prodúcense enormes e ardentes lapas, que coñecemos como
nome de protuberancias solares ou erupcións solares.
Pero
que corpos xiran ó redor do Sol, pois: Mercurio, Venus, Terra,
Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e os planetoides (Plutón,
Ceres, Haumea, Makemake, Eris, etc.). Podedes ver na Ilustración 1,
o tamaño aproximado de todos estes planetas e o sol na seguinte
imaxe, onde se mostra a proporción, mais ou menos. Como podedes ver
na imaxe: o Sol, a nosa estrela é enorme, pero o noso planeta é un
dos máis pequenos do Sistema Solar.
Un par de peculiaridades da nosa Galaxia.
| Visión da Vía Láctea. |
Pero
non somos o único sistema solar, senón que existen millón deles, e
estes sistemas agrúpanse en Galaxias. A nosa Galaxia é a Vía
Láctea (Ilustración 2) é
ten billóns de sistemas solares, dos cales coñecemos moi poucas
cousas debido o lonxe que se atopan de nós. A Galaxia é enorme ten
billóns de sistemas solares, que teñen a súa vez moitos máis
planetas, planetoides, asteroides e cometas. Imaxinade o gran número
de corpos celestes que ten a nosa Galaxia.
Pero
sabedes unha cousa, no universo existen millóns de Galaxias, non
somos a única, nin moito menos. A súa vez cada Galaxia teñen
billóns de sistemas solares e moitos máis planetas. O Universo é o
conxunto de Galaxias e cada galaxia está formada por sistemas
solares.
Pero
o que temos que darnos conta é que somos unha pequena parte do
Sistema Solar, una mínima parte da Vía Láctea, e unha millonésima
parte do Universo. O Universo é xigantesco, e aínda queda moito por
descubrir sobre el.
Pero
unha cousas que debemos que ter claro, e que os planetas, as estrelas
e as galaxias non son estáticas; senón que están en movemento.
Isto vese claramente na Vía Láctea, xa que se di que ten forma de
espiral. Todos os sistemas solares orbitan en torno o centro da
galaxia, dando lugar a unha espectacular espiral de luz.
A
nosa galaxia ten forma de espiral, pero hai galaxias con forma
circular ou elíptica. Aínda que a maior parte teñen forma de
espiral coma a nosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario