mércores, 19 de outubro de 2016

Presentación sobre as coordenadas xeográficas.

Presentación sobre a representación da Terra.

Actividade sobre coordenadas xeográficas 2.

Outra das actividades sobre as coordenadas xeoggráficas.
Coordenadas xeograficas.

ACT. Coordenadas Xeograficas 1 by profejrhis on Scribd

Actividade sobre Coordenadas Xeográficas.

Na seguinte ligazon podedes descargar o documento
Actividade sobre Coordenadas Xeográfdicas 2.

ACT. Coordenadas Xeográficas 2 by profejrhis on Scribd

Actividade de Escalas.

Podedes velo de dúas formas no seguinte enlace:


venres, 14 de outubro de 2016

xoves, 13 de outubro de 2016

Actividade de Escalas 2

Temos unha segunda actividade de escalas, que alguns tedes e outros teredes en breve.

Actividade de escalas 02.




ACT. Escalas 2 by profejrhis on Scribd

Proba semanal 3


Tamén podedes descargar o documento dende o seguinte enlace.

PS 3.

Proba Semanal 2

PS. Escalas 02 by profejrhis on Scribd

Tamén podedes descargar o documento dende o seguinte enlace.

PS 2.

Os movementos de Rotación e Translación.

Aqui podedes ver un pequeno video sobre os movementos de rotación e tranlación.

O movemento de Rotación e Translación

mércores, 12 de outubro de 2016

Presentación das Capas da Terra.

Presentación sobre "O Sistema Solar"

O universo e o Sistema Solar

O universo.

O universo está constituído polo conxunto de astros que existe no espazo. Este xurdiu hai uns 15 ou 20 millóns de anos, debido a unha explosión do conxunto de masa na que se concentraba toda a materia e enerxía existentes. Esta explosión coñecese co nome de Teoría do Big Bang. Esta  provocou a expulsión e a expansión de fragmentos incandescentes da materia existente en forma de po e gases. Co paso do tempo este material foi volvendo a unirse, formando as estrelas, as nebulosas e as galaxias.
Os corpos celestes máis coñecidos son:
  • As nebulosas son masas irregulares de gases e po estelar.
  • A galaxias son agrupación de millóns de estrelas, planetas, satélites, cometas e po estelar.
  • As estrelas teñen enerxía, luz e calor propias, e agrúpanse no universo formando galaxias, que son consideradas acumulacións de estrela, que se manteñen unidas pola acción da gravidade.
A Situación do Sol dentro da Galaxia ou Vía Láctea.
No universo crese que existen uns 100000 millóns de galaxias, e cada unha eta formada por billóns de estrelas. Isto explica que as dimensións das galaxias son enormes, por exemplo a Vía Láctea, que é a galaxia onde se atopa a Terra, ten un raio estimado de 50000 anos luz. As consecuencias do Big Bang aínda son visibles no noso tempo, vendo como o universo segue expandíndose, e as galaxias e as estrelas seguen desprazándose polo espazo e afastándose unhas das outras.

O Sistema Solar.

O Sistema Solar.
¿Que é un sistema solar? Pois o sistema solar defínese por un conxunto de planetas ou corpos celestes que orbitan en torno a unha estrela. Dentro dos sistemas solares podemos atopar planetas, satélites, cometas, asteroides, etc.
No caso do noso Sistema Solar, e con iso refírome o sistema solar onde esta o planeta Terra, temos que existen toda unha serie de planetas, planetoides, asteroides e cometas que realizan unha órbita ó redor do Sol, a nosa estrela. Este foi formado hai uns 5000 millóns de anos, e está formado por unha estrela de tamaño medio (o Sol), oito planetas, sesenta e un satélites e planetoides.
O sol, e a maioría das estrelas, posúe unha estrutura gasosa e na súa superficie prodúcense enormes e ardentes lapas, que coñecemos como nome de protuberancias solares ou erupcións solares.
Pero que corpos xiran ó redor do Sol, pois: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e os planetoides (Plutón, Ceres, Haumea, Makemake, Eris, etc.). Podedes ver na Ilustración 1, o tamaño aproximado de todos estes planetas e o sol na seguinte imaxe, onde se mostra a proporción, mais ou menos. Como podedes ver na imaxe: o Sol, a nosa estrela é enorme, pero o noso planeta é un dos máis pequenos do Sistema Solar.

Un par de peculiaridades da nosa Galaxia.

 
Visión da Vía Láctea.
Pero non somos o único sistema solar, senón que existen millón deles, e estes sistemas agrúpanse en Galaxias. A nosa Galaxia é a Vía Láctea (Ilustración 2) é ten billóns de sistemas solares, dos cales coñecemos moi poucas cousas debido o lonxe que se atopan de nós. A Galaxia é enorme ten billóns de sistemas solares, que teñen a súa vez moitos máis planetas, planetoides, asteroides e cometas. Imaxinade o gran número de corpos celestes que ten a nosa Galaxia.
Pero sabedes unha cousa, no universo existen millóns de Galaxias, non somos a única, nin moito menos. A súa vez cada Galaxia teñen billóns de sistemas solares e moitos máis planetas. O Universo é o conxunto de Galaxias e cada galaxia está formada por sistemas solares.
Pero o que temos que darnos conta é que somos unha pequena parte do Sistema Solar, una mínima parte da Vía Láctea, e unha millonésima parte do Universo. O Universo é xigantesco, e aínda queda moito por descubrir sobre el.
Visión da Vía Láctea.


Pero unha cousas que debemos que ter claro, e que os planetas, as estrelas e as galaxias non son estáticas; senón que están en movemento. Isto vese claramente na Vía Láctea, xa que se di que ten forma de espiral. Todos os sistemas solares orbitan en torno o centro da galaxia, dando lugar a unha espectacular espiral de luz.
A nosa galaxia ten forma de espiral, pero hai galaxias con forma circular ou elíptica. Aínda que a maior parte teñen forma de espiral coma a nosa.