Amosando publicacións coa etiqueta A Terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Terra. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de outubro de 2016

Presentación das Capas da Terra.

Presentación sobre "O Sistema Solar"

Os elementos que posibilitan a vida na Terra.


Podemos ver como o planeta Terra posúe unha gran vida, animal e vexetal, pero temos que ter en conta de que isto foi posible grazas a toda unha serie de factores que fan posible a existencia de seres vivos. Por agora somos o único planeta do Sistema Solar no que esta demostrada a existencia de vida.
A existencia de vida é posible grazas a:
  • Unha temperatura axeitada para a vida. Como xa sabedes o Sol é unha fonte de enerxía para a vida, e o Sol aporta a temperatura moderada para que a vida se desenvolva. O planeta Terra situase a unha distancia óptima para que non proporcione calor, pero non o tan cerca como para que nos queime a súa forza. Acostuma a dicirse que no Sistema Solar hai dous planetas cunha posición estratéxica para a existencia da vida, que son a Terra e Marte. Estes dous planetas atópanse no que se coñece como zona de habitabilidade: os planetas onde non fai nin demasiado frío, nin demasiado calor. (Ler o texto 1)
  • A existencia da atmosfera. A atmosfera é unha capa gasosa que rodea o planeta que protexe a vida. Pois a presenza desta capa de gases protexe a Terra da radiación solar, facendo que os raios solares entren de forma máis suave, evitando que as radiación solares non queime; pero o mesmo tempo evita que pola noite a temperatura do planeta arrefríese demasiado. (Ler o texto 2). Pero o mesmo tempo, a atmosfera posúe toda unha serie de gases que son necesario para a vida, como por exemplo o Osixeno, o Dióxido de Carbono, Nitróxeno, etc.
  • A presencia de auga. Outro dos elementos que son necesarios para a existencia da vida é a auga, que sería dos animais e das plantas sen auga. Pois a Terra é o planeta que posúe unha gran cantidade de auga en estado liquido, cousa que non paso no resto do noso Sistema Solar.
En realidade a presencia de vida na Terra é a confluencia de todos estes factores, pero hai moitos máis, aínda que estes son os máis importantes. Un dos detalles anecdóticos sobre a existencia da vida, e que non todos os planetas teñen un satélite, como no noso caso a Lúa. A Lúa tamén ten algo de importancia para que no noso planeta exista a vida, pero iso vamos deixalo para outro momento.


Pero unha cousa que debemos ter claro é que non toda o planeta pode darse a vida, hai zonas que debido as súas propias condicións non poder albergar a vida. Por iso dicimos que a vida so se da na Biosfera. Esta biosfera atópase sobre a superficie do planeta, e máis ou menos a 3000 metros por riba da superficie e 2000 metros por debaixo dela. Aquí é onde viven todos os animais e plantas, sendo o lugar onde se dan as condicións óptimas para a vida.


As Capas da Terra.

As partes da Terra.

O planeta Terra pode dividirse segundo varios criterios dos cales vamos a analizar a continuación dúas das formas nas que podemos dividila: as capas internas e as capas externas.
No primeiro caso podemos dividir a Terra en:
  • Codia. Esta é a capa máis externa da Terra, e onde se atopa a vida animal e vexetal, podemos dicir que correspondese coa Litosfera. Esta esta composta por unha capa moi fina, que ocupa o 1% da Terra. A súa extensión é variable pero ronda entre os 4 e os 40 Km. de profundidade.
  • Manto. Esta é a capa intermedia, nela atopamos dúas partes: o manto superior e o manto inferior. Na maioría dos casos esta esta composta por materias en estado líquido, que se coñece co nome de magma. O manto representa aproximadamente o 85% do planeta.
  • Núcleo. O Núcleo é a capa máis interna da Terra. Está sometido a altas temperaturas e nela atopamos os materiais máis pesados como o Ferro e o Níquel, que debido as altas temperaturas están en estado liquido. Esta capara representa aproximadamente o 14% da masa da Terra.




No caso das capas externas da Terra podemos dividilas en:
  • Atmosfera. Esta é a capa gasosa da Terra e está formada por: osixeno (21%), dióxido de carbono, nitróxeno (78%), vapor de auga e outros gases (1%). Esta a súa vez ten toda unha seria de partes que podedes ver no Ilustración 1.
  • Litosfera. Esta composta pola parte sólida da Terra, nela podemos incluír as terras emerxidas dos continentes e os fondos mariños. Pode dicirse que a litosfera comprende máis ou menos o mesmo que a Codia.
  • Hidrosfera. Esta composta por todos os elementos que posúen auga no planeta: océanos, mares, ríos, lagos, augas subterráneas, xeos, etc.



































Imos a practicar o dos "Fusos Horarios"

No seguinte enlace podemos traballar con unha aplicación que nos da os resultado sobre a hora exacta en cada un dos fusos horarios.

Os fusos horarios.