Podemos ver como o planeta Terra posúe unha gran vida, animal e
vexetal, pero temos que ter en conta de que isto foi posible grazas a
toda unha serie de factores que fan posible a existencia de seres
vivos. Por agora somos o único planeta do Sistema Solar no que esta
demostrada a existencia de vida.
A existencia de vida é posible grazas a:
- Unha temperatura axeitada para a vida. Como xa sabedes o Sol é unha fonte de enerxía para a vida, e o Sol aporta a temperatura moderada para que a vida se desenvolva. O planeta Terra situase a unha distancia óptima para que non proporcione calor, pero non o tan cerca como para que nos queime a súa forza. Acostuma a dicirse que no Sistema Solar hai dous planetas cunha posición estratéxica para a existencia da vida, que son a Terra e Marte. Estes dous planetas atópanse no que se coñece como zona de habitabilidade: os planetas onde non fai nin demasiado frío, nin demasiado calor. (Ler o texto 1)
- A existencia da atmosfera. A atmosfera é unha capa gasosa que rodea o planeta que protexe a vida. Pois a presenza desta capa de gases protexe a Terra da radiación solar, facendo que os raios solares entren de forma máis suave, evitando que as radiación solares non queime; pero o mesmo tempo evita que pola noite a temperatura do planeta arrefríese demasiado. (Ler o texto 2). Pero o mesmo tempo, a atmosfera posúe toda unha serie de gases que son necesario para a vida, como por exemplo o Osixeno, o Dióxido de Carbono, Nitróxeno, etc.
- A presencia de auga. Outro dos elementos que son necesarios para a existencia da vida é a auga, que sería dos animais e das plantas sen auga. Pois a Terra é o planeta que posúe unha gran cantidade de auga en estado liquido, cousa que non paso no resto do noso Sistema Solar.
En realidade a presencia de vida na Terra é a confluencia de todos
estes factores, pero hai moitos máis, aínda que estes son os máis
importantes. Un dos detalles anecdóticos sobre a existencia da vida,
e que non todos os planetas teñen un satélite, como no noso caso a
Lúa. A Lúa tamén ten algo de importancia para que no noso planeta
exista a vida, pero iso vamos deixalo para outro momento.
Pero unha cousa que debemos ter claro é que non toda o planeta pode
darse a vida, hai zonas que debido as súas propias condicións non
poder albergar a vida. Por iso dicimos que a vida so se da na
Biosfera. Esta biosfera
atópase sobre a superficie do planeta, e máis ou menos a 3000
metros por riba da superficie e 2000 metros por debaixo dela. Aquí é
onde viven todos os animais e plantas, sendo o lugar onde se dan as
condicións óptimas para a vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario