Deixovos varios enlaces para que poidades practicar con Europa.
Europa 1.
Europa 2.
Europa 3. (neste avisovos que hai cousas que non vimos, e xa veremos)
Europa 4.
Europa 5.
Europa 6. Este ten cousas para os que se animen a probar se saben máis cousas. Primeiro mira de o que pode ser e logo facedeo.
Blog de axuda para os alumnos de 1 de ESO. Nel vou colocar diferentes recursos de apoio para ir avanzando no coñecemento das Ciencias Sociais de 1º de ESO
sábado, 10 de decembro de 2016
sábado, 26 de novembro de 2016
xoves, 24 de novembro de 2016
xoves, 17 de novembro de 2016
sábado, 5 de novembro de 2016
Practicando cos mapas.
No seguinte enlace deixovos un enlace para ir practicando actividades que imos ir facendo en clase.
Cordilleiras e Sistemas Montañosos no Mundo.
Grandes Montañas do Mundo.
Os Continentes e os Oceanos 1.
Os Continentes e os Oceanos 2.
Os primeiros xogos saqueinos de Toropa, plataforma de mapas flash; mentres que os seguintes son de Mapas de Enrique Alonso, baixo a licencia de Creative Commons.
Cordilleiras e Sistemas Montañosos no Mundo.
Grandes Montañas do Mundo.
Os Continentes e os Oceanos 1.
Os Continentes e os Oceanos 2.
Os primeiros xogos saqueinos de Toropa, plataforma de mapas flash; mentres que os seguintes son de Mapas de Enrique Alonso, baixo a licencia de Creative Commons.
Imos comezar co Tema 2.
No Tema 2, que se vai orientar cara os elementos físicos da xeografía: analizando os continentes, as formas do relevo e comezamos cos mapas. Asi que o que toca para comezar esta semana é moi sinxelo vamos a ir facendo as actividades que propuxen en clase. Non vos esquezades que hai que ter todo ben ordenado no caderno.
Para iso xa mandei certas actividades que vou deixar as copias dos documentos para que os poidades ter na casa, ou se os perdedes.
ACTIVIDADE SOBRE CONTINENTES E OCEANOS.
ACTIVIDADE SOBRE AS FORMAS DO RELEVO.
Non vos esquezades de traer o papel cebola para traballar cos mapas.
Para iso xa mandei certas actividades que vou deixar as copias dos documentos para que os poidades ter na casa, ou se os perdedes.
ACTIVIDADE SOBRE CONTINENTES E OCEANOS.
ACTIVIDADE SOBRE AS FORMAS DO RELEVO.
Non vos esquezades de traer o papel cebola para traballar cos mapas.
mércores, 19 de outubro de 2016
Actividade sobre coordenadas xeográficas 2.
Outra das actividades sobre as coordenadas xeoggráficas.
Coordenadas xeograficas.
Coordenadas xeograficas.
ACT. Coordenadas Xeograficas 1 by profejrhis on Scribd
Actividade sobre Coordenadas Xeográficas.
Na seguinte ligazon podedes descargar o documento
Actividade sobre Coordenadas Xeográfdicas 2.
Actividade sobre Coordenadas Xeográfdicas 2.
ACT. Coordenadas Xeográficas 2 by profejrhis on Scribd
Actividade de Escalas.
venres, 14 de outubro de 2016
Proba semanal 1
PS. Escalas 01 by profejrhis on Scribd
Se o queresdes tamén podedes descargar o documento a traves do seguinte enlace.PS 1.
Proba semanal 1
PS. Escalas 01 by profejrhis on Scribd
Se o queresdes tamén podedes descargar o documento a traves do seguinte enlace.PS 1.
xoves, 13 de outubro de 2016
Actividade de Escalas 2
Temos unha segunda actividade de escalas, que alguns tedes e outros teredes en breve.
Actividade de escalas 02.
Actividade de escalas 02.
ACT. Escalas 2 by profejrhis on Scribd
Proba semanal 3
PS. Escalas 03 by profejrhis on Scribd
Tamén podedes descargar o documento dende o seguinte enlace.
PS 3.
Proba Semanal 2
PS. Escalas 02 by profejrhis on Scribd
Tamén podedes descargar o documento dende o seguinte enlace.PS 2.
Os movementos de Rotación e Translación.
Aqui podedes ver un pequeno video sobre os movementos de rotación e tranlación.
mércores, 12 de outubro de 2016
O universo e o Sistema Solar
O universo.
O
universo está constituído polo conxunto de astros que existe no
espazo. Este xurdiu hai uns 15 ou 20 millóns de anos, debido a unha
explosión do conxunto de masa na que se concentraba toda a materia e
enerxía existentes. Esta explosión coñecese co nome de Teoría do
Big Bang. Esta provocou a expulsión e a expansión de
fragmentos incandescentes da materia existente en forma de po e
gases. Co paso do tempo este material foi volvendo a unirse, formando
as estrelas, as nebulosas e as galaxias.
Os
corpos celestes máis coñecidos son:
- As nebulosas son masas irregulares de gases e po estelar.
- A galaxias son agrupación de millóns de estrelas, planetas, satélites, cometas e po estelar.
- As estrelas teñen enerxía, luz e calor propias, e agrúpanse no universo formando galaxias, que son consideradas acumulacións de estrela, que se manteñen unidas pola acción da gravidade.
A
Situación do Sol dentro da Galaxia ou Vía Láctea.
|
No
universo crese que existen uns 100000 millóns de galaxias, e cada
unha eta formada por billóns de estrelas. Isto explica que as
dimensións das galaxias son enormes, por exemplo a Vía Láctea, que
é a galaxia onde se atopa a Terra, ten un raio estimado de 50000
anos luz. As consecuencias do Big Bang aínda son visibles no noso
tempo, vendo como o universo segue expandíndose, e as galaxias e as
estrelas seguen desprazándose polo espazo e afastándose unhas das
outras.
O Sistema Solar.
¿Que
é un sistema solar? Pois o sistema solar defínese por un conxunto
de planetas ou corpos celestes que orbitan en torno a unha estrela.
Dentro dos sistemas solares podemos atopar planetas, satélites,
cometas, asteroides, etc.
No
caso do noso Sistema Solar, e con iso refírome o sistema solar onde
esta o planeta Terra, temos que existen toda unha serie de planetas,
planetoides, asteroides e cometas que realizan unha órbita ó redor
do Sol, a nosa estrela. Este foi formado hai uns 5000 millóns de
anos, e está formado por unha estrela de tamaño medio (o Sol), oito
planetas, sesenta e un satélites e planetoides.
O
sol, e a maioría das estrelas, posúe unha estrutura gasosa e na súa
superficie prodúcense enormes e ardentes lapas, que coñecemos como
nome de protuberancias solares ou erupcións solares.
Pero
que corpos xiran ó redor do Sol, pois: Mercurio, Venus, Terra,
Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e os planetoides (Plutón,
Ceres, Haumea, Makemake, Eris, etc.). Podedes ver na Ilustración 1,
o tamaño aproximado de todos estes planetas e o sol na seguinte
imaxe, onde se mostra a proporción, mais ou menos. Como podedes ver
na imaxe: o Sol, a nosa estrela é enorme, pero o noso planeta é un
dos máis pequenos do Sistema Solar.
Un par de peculiaridades da nosa Galaxia.
| Visión da Vía Láctea. |
Pero
non somos o único sistema solar, senón que existen millón deles, e
estes sistemas agrúpanse en Galaxias. A nosa Galaxia é a Vía
Láctea (Ilustración 2) é
ten billóns de sistemas solares, dos cales coñecemos moi poucas
cousas debido o lonxe que se atopan de nós. A Galaxia é enorme ten
billóns de sistemas solares, que teñen a súa vez moitos máis
planetas, planetoides, asteroides e cometas. Imaxinade o gran número
de corpos celestes que ten a nosa Galaxia.
Pero
sabedes unha cousa, no universo existen millóns de Galaxias, non
somos a única, nin moito menos. A súa vez cada Galaxia teñen
billóns de sistemas solares e moitos máis planetas. O Universo é o
conxunto de Galaxias e cada galaxia está formada por sistemas
solares.
Pero
o que temos que darnos conta é que somos unha pequena parte do
Sistema Solar, una mínima parte da Vía Láctea, e unha millonésima
parte do Universo. O Universo é xigantesco, e aínda queda moito por
descubrir sobre el.
Pero
unha cousas que debemos que ter claro, e que os planetas, as estrelas
e as galaxias non son estáticas; senón que están en movemento.
Isto vese claramente na Vía Láctea, xa que se di que ten forma de
espiral. Todos os sistemas solares orbitan en torno o centro da
galaxia, dando lugar a unha espectacular espiral de luz.
A
nosa galaxia ten forma de espiral, pero hai galaxias con forma
circular ou elíptica. Aínda que a maior parte teñen forma de
espiral coma a nosa.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




