sábado, 4 de marzo de 2017

Ferramentas do Paleolítico.

No hay texto alternativo automático disponible.

Os primeiros restos de Homo Sapiens fora de África.

No seguinte enlace vouvos deixar un interesante artigo de prenso, onde se menciona que acaban de darse a coñecer as probas máis antigas de Homo Sapiens fora de Áfica.

Como estivemos vendo en clase o ser humano moderno, que coñecemos co nome científico de Homo Sapiens naceu en África e pouco a pouco foi colonizando todo o planeta.

Artigo de EL Pais de Joana Oliveira títulado "Halladas en Irán las primeras evidencias culturales del ‘Homo sapiens’ fuera de África" publicado o 3 de Marzo de 2017.

domingo, 12 de febreiro de 2017

A odisea dos hominidos.

Aqui vouvos a deixar unha serie de enlaces a videos para poder ver unha serie de rtve que se chama "La odisea de la especie", que é moi interesante, e non temos tempo de ver completa en clase.











sábado, 21 de xaneiro de 2017

Explicación teórica de como facer un climograma

Como facer un Climograma.
  1. O primeiro que temos que facer é explicar que é un climograma.

    1. Un climograma é un gráfico para analizar os climas. Nel vanse colocando as cousas do seguinte xeito: colócanse as precipitación, en barras, e as temperaturas por medio dunha liña. O climograma faise para analizar un clima durante o período de tempo dun ano.

    2. O climograma debe ter os seguintes elementos:

      1. A barra das temperaturas debe aparecer a esquerda en ºC, e vaise a representar no gráfico por medio dunha liña vermella.

      2. As precipitacións vanse a colocar por meses, onde cada mes representa todas as precipitacións dese período de tempo, pero calculo vaise colocar na dereita en mm. Ten unha peculiaridade: debe ser sempre o dobre que as temperaturas. Con iso quero dicir que na mesma liña se as temperaturas son 10ºC, as precipitacións deben ser 20 mm. No caso do exemplo que vos poño abaixo é 5º C na columna da dereita e 10 mm. na de precipitacións.

      3. Debaixo de cada barra deben ir os meses por orde: Xaneiro, Febreiro, Marzo, Abril, Maio, Xuño, Xullo (Xl), Agosto, Setembro, Outubro, Novembro e Decembro.

      4. Na parte superior deben ir os datos medios: a temperatura media anual e as precipitacións anuais.

  1. O primeiro que debemos facer.

    1. O primeiro que debemos facer e analizar os datos.

      1. Temperatura media anual: Para iso o que temos que facer e sumar todas as temperaturas de cada un dos meses, e o resultado divídese entre 12.

Temperatura Media Anual=X+F+M+A+M+X+Xl+A+S+O+N+D12

      1. Precipitacións anuais. Para iso temos que sumar todas as precipitacións de cada un dos meses.

Precipitacións anuais=X+F+M+A+M+X+Xl+A+S+O+N+D.
      1. Oscilación térmica anual.

Oscilación termica=Temperatura do mes máis caluroso-Temperatura do mes máis frio.
  1. Cousas que ter e que facer.

    1. Tedes que te en conta que cando fas un climograma debemos usar un folio cuadriculado da libreta ou unha folla cuadriculada.

    2. Como colocar as cousas.

      1. O que tedes que facer en primeiro lugar e colocar os datos do climograma na parte superior do folio. Para despois diso analizar como imos facer o climograma. Porque temos que ver como son os datos para ir facendo o climograma:

        1. Tede en conta que se hai temperaturas negativas teremos que facer o climograma de forma diferente.

        2. Tedes que recordar que ten que haber unha proporción de 2 a 1 en relación as precipitacións e as temperaturas. Iso significa que dependendo do nivel das precipitacións teremos que facer o cllimograma dunha forma ou doutra.

        3. Se sobra espazo entre os datos é o climograma non vos preocupedes: ese espazo usaremolos para facer o comentario do climograma e colocar os datos xerais.

      2. Para facer o climograma concretamente:

        1. Faremos unha liña de 24 cadriños, no que cada dous cadrados faremos un mes do ano. Nesta indicaremos unha marca cada dous cadriños e debaixo colocaremos os meses do ano, pero por siglas:

          1. Xaneiro (X), Febreiro (F), etc. No caso de Xullo, como antes ten Xuño, para diferencialo usaremos (Xl). Como tedes no exemplo da imaxe do lado.

        1. Logo o seguinte paso sera colocar a marcas para colocar as escalas de termperaturas e precipitacións.

          1. No caso das temperaturas debemos marcarlas no lado esquerdo do climograma. Para iso iremos marcando cada dous cadros no que iremos colocando a escala das temperaturas. Recordade deben ser a metade que as precipitación. Tedes que colocar na parte superior da barra a unidade º C.
          2. Logo facemos o mesmo no lado dereito colocando a escala de precipitacións en mm. Recordade que tedes que poñer a unidade na parte superior.

  1. Colocar os datos no climograma,.

O primeiro que podo dicir e que da igual comezar polas temperaturas ou polas precipitacións.
Consello primeiro facedeo a lapis, e logo pasadeo a boli, polo menos as primeiras veces.
    1. No caso das precipitación imos a colocar barras, e para iso temos que guiarnos pola escala da dereita. Para iso podedes axudarvos dunha regla. A forma defacelo é como aparece na imaxe do lado. Logo o que tede que facer e colocar a barra que debe ocupar os dous cadros do mes correspondente.

Tedes que ir facendo asi con todos os meses para que o final quedan 12 barras (unha por cada mes)que deben ser en boli azul. O final cando esten todos os datos colocados podesdes rechelas de cor azul, pero iso xa o veremos na imaxe final..


    1. No caso das temperaturas debemos usar a escala da esquerda, e para iso imos colocar a temperatura por medio de puntos vermellos en medio dos meses. Iremos mes por mes, e cando acabemos o que temos que facer e unir os puntos por medio dunha liña vermella.








    1. O paso final é coloreas as barras con azul, podedes usar pinturas ou marcalas con raias de boli. Pero tedes deixar que se vexan ben as temperaturas.

  1. O Comentariodo climograma.

    1. O seguinte paso consiste en comentar os datos do climograma e indicar a que clima corresponde.

      1. Os datos que se deben ter en conta son:

        1. Temperatura media anual.

        2. Debemos destacas a oscilación térmica anual e cales on os os meses coas temperaturas máis altas e máis baixas.

        3. Indicar as precipitacións anuais. Indicando cales son os meses máis chuviosos e máis secos.

        4. Identificar o clima o que pertence e dando unha explicación razoada de que características indican que ese climograma é de ese clima, e porque non pode ser doutro.

Climas frios.

Climas Temperados ou Climas Mornos

Climas cálidos do mundo.