mércores, 12 de outubro de 2016

As Capas da Terra.

As partes da Terra.

O planeta Terra pode dividirse segundo varios criterios dos cales vamos a analizar a continuación dúas das formas nas que podemos dividila: as capas internas e as capas externas.
No primeiro caso podemos dividir a Terra en:
  • Codia. Esta é a capa máis externa da Terra, e onde se atopa a vida animal e vexetal, podemos dicir que correspondese coa Litosfera. Esta esta composta por unha capa moi fina, que ocupa o 1% da Terra. A súa extensión é variable pero ronda entre os 4 e os 40 Km. de profundidade.
  • Manto. Esta é a capa intermedia, nela atopamos dúas partes: o manto superior e o manto inferior. Na maioría dos casos esta esta composta por materias en estado líquido, que se coñece co nome de magma. O manto representa aproximadamente o 85% do planeta.
  • Núcleo. O Núcleo é a capa máis interna da Terra. Está sometido a altas temperaturas e nela atopamos os materiais máis pesados como o Ferro e o Níquel, que debido as altas temperaturas están en estado liquido. Esta capara representa aproximadamente o 14% da masa da Terra.




No caso das capas externas da Terra podemos dividilas en:
  • Atmosfera. Esta é a capa gasosa da Terra e está formada por: osixeno (21%), dióxido de carbono, nitróxeno (78%), vapor de auga e outros gases (1%). Esta a súa vez ten toda unha seria de partes que podedes ver no Ilustración 1.
  • Litosfera. Esta composta pola parte sólida da Terra, nela podemos incluír as terras emerxidas dos continentes e os fondos mariños. Pode dicirse que a litosfera comprende máis ou menos o mesmo que a Codia.
  • Hidrosfera. Esta composta por todos os elementos que posúen auga no planeta: océanos, mares, ríos, lagos, augas subterráneas, xeos, etc.



































Ningún comentario:

Publicar un comentario